"En hostalaría pequeños xestos e grandes cambios, únete ao 5º colector"

¿Quen Somos? Compromiso coa Hostalería e a Reciclaxe

En colaboración coa Xunta de Galicia e Hostalería de Galicia, estamos comprometidos con impulsar a sustentabilidade no sector hostaleiro. O noso obxectivo é promover prácticas responsables que reduzan o impacto ambiental dos establecementos, fomentando a reciclaxe e a correcta xestión de residuos.

  • Misión: Axudar aos negocios hostaleiros a implementar solucións sostibles que beneficien tanto ao medio ambiente como ás súas comunidades locais.
  • Visión: Converter a Galicia nun modelo de referencia en reciclaxe e sustentabilidade na hostalería, marcando un precedente para outras rexións.

Unimos esforzos para garantir unha contorna máis limpa e sostible, protexendo o valioso patrimonio natural da nosa terra. Únete a este movemento e transforma o teu negocio nun exemplo de responsabilidade ambiental.

CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO: en virtude do Decreto 49/2024, de 22 de abril, polo que se fixa a estructura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e tal e como recolle o artigo 1 do Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se estabelece a estrutura orgânica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, tem atribuídas as competências e funcións en matéria de ambiente, a conservación do património natural, a ordenación do litoral e promoción da paisaxe, a protección das augas, a loita contra o cambio climático e prevención da contaminación e as competências na matéria de instalacións de produción de enerxía a partir de fonte renovables, conforme oao establecido no estatuto de autonomia para Galicia e nos termos sinalados na Constitución Española.

 

DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL E SOSTIBILIDADE ten atribuído o exercicio das competências e funcións en matéria de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e extratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, ou a xestión dos residuos, de acordo cos principios de desenvolvimento sostible e da economía circular, incluindo  diversas atribucións en materia de planificación e control da xestión de residos.

 

CONFEDERACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS DE HOSTALARÍA E TURISMO DE GALICIA entidade  profesional sen ánimo de lucro que agrupa aos diferentes establecementos de hostalería e turismo de Galicia (restauración aloxamentos, vida nocturna) unidos para promover e defender conxuntamente os intereses comunes de todos os membros que a integran.

2025 © Todos os dereitos reservados | Quinto Colector

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.